WEB - VIII Xornada do ensino - Ciberseguridade no centro educativo. Xestión responsable das Redes Sociais e Delitos tecnóloxicos relacionados con menores
Xornada presencial de 8 horas homologadas pola Consellería de Educación. PRAZAS LIMITADAS
Xornada para concienciar ao profesorado da importancia dunha xestión responsable das RRSS ofrecendo contido sobre as mesmas e sobre o funcionamento e exposición do noso alumnado nas mesmas así como o procedemento de actuación no centro educativo á este respecto.
Celebrarase o 19 de novembro en xornada de maña e tarde na Fundación Paideia, Pza Maria Pita, 17 (A Coruña)
>> LIGAZÓN á inscrición. Se tiveses algún problema no proceso, envía un correo a formacion@anpegalicia.es. Mais información en acoruna@anpe.es ou no 981271915 ou 651866058
RELATORES:
- José Antonio Vázquez Taín, xuíz, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. No ámbito da xudicatura ten realizado a instrución de casos ben coñecidos como o do roubo e recuperación do Códice Calixtino ou o caso Asunta Basterra. Tamén destaca pola súa faceta como escritor. Ten unha dilatada experiencia en temas educativos como o acoso escolar, os perigos de Internet e as redes sociais entre menores e a súa protección xurídica. Na actualidade exerce como Xuíz do Penal en A Coruña.
- Rafael Rodríguez Martín. Director do CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro. Presidente Asociación Provincial Equipos Directivos de Infantil e Primaria da provincia de A Coruña, Colaborador en formación de grados da Facultade de Educación. Ponente en Módulos de Formación para a Función Directiva. Colaborador de Formación en Seminarios del CFR. Vicepresidente da Federación de Administradores Educativos de Galicia
- Antonio Caaveiro Rodríguez, Oficial de Policía do Grupo de Delicuencia Tecnolóxica da Brigada Provincial da Policía Xudicial de A Coruña.