Probas de certificación de niveis CELGA


25 Out, 2022

DOG - RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022, que foron convocadas mediante a Resolución do 29 de agosto de 2022 (código de procedemento PL500C).

– Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

19 de novembro de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

20 de novembro de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R e S.

– Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 26 de novembro de 2022.

– Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 27 de novembro de 2022.

Toda a información en https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias