Probas de certificación de niveis CELGA


25 Out, 2022

DOGRESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022, que foron convocadas mediante a Resolución do 29 de agosto de 2022 (código de procedemento PL500C).

Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

19 de novembro de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

20 de novembro de 2022, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R e S.

Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 26 de novembro de 2022.

Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 27 de novembro de 2022.

Toda a información en https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias