OPOSICIÓNS 2022 - Actualización de listaxes para interinidades/substitucións dos corpos de Secundaria


14 Out, 2022

WEBPublicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022/2023 do corpo de PES, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de artes plásticas e deseño.

Resolución provisional do 13 de outubro de 2022

Anexo I.- Listaxe provisoria de persoas excluídas especialidades corpo 590

Anexo II.- Listaxe provisoria de persoas excluídas especialidades corpo 592

Anexo III.- Listaxe provisoria de persoas excluídas especialidades corpo 595

Listas de substitucións

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións ás listaxes provisionais ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de cinco (5) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

A) As persoas opositoras que presentaran a solicitude normalizada mediante o procedemento ED001A deberán empregar a opción “Alegacións” da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente

B) As restantes persoas opositoras deberán empregar o impreso xenérico dispoñible no procedemento PR004A. Neste caso, o formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

- No campo ASUNTO: RECLAMACIÓN RESOLUCIÓN DO 13 DE OUTUBRO DE 2022 e especificar o corpo e especialidade que reclama

- No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.