Calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares


30 Set, 2022

DOG RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

A xunta electoral constituirase entre os días 2 e 8 de no- vembro de 2022, ambos os dous incluídos.

As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar realizaranse entre os días 23 e 29 de novembro de 2022, ambos os dous incluídos. 

Os centros que comezaron o seu funcionamento no curso 2020/21 no curso 2021/22 levarán a cabo a primeira renovación do consello escolar prevista na lexislación vixente.

Os centros modificarán en cada renovación parcial o número de membros do consello escolar en función do número de unidades que teñan nese momento.

As eleccións para a primeira constitución do consello escolar nos centros que iniciaron o seu funcionamento no curso 2022/23 realizaranse entre os días 24 e 28 de outubro de 2022.

A xunta electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, neste caso, constituirase entre os días 3 e 7 de outubro de 2022