Persoal interino - Prazas de ESTABILIZACIÓN por concurso de méritos


27 Set, 2022

WEBANPE INFORMA - Persoal interino: PRAZAS DE ESTABILIZACIÓN A CONVOCAR POR CONCURSO DE MÉRITOS EN TODO O ESTADO

  1. CONSULTA as prazas a convocar por concurso de méritos nas distintas CCAA e por corpos e especialidades:  https://www.anpe.es/concurso-meritos-270-2022
  2. LEMBRA QUE: Galicia NON PARTICIPA de forma conxunta co resto do Estado polo que publicará antes de fin de ano a súa propia convocatoria. Nas CCAA que sí participan de forma conxunta o prazo provisional de presentación de solicitudes será do 21 de novembro ao 21 de decembro.
  3. Aínda que as convocatorias se fagan en cada CCAA podéranse pedir prazas de calquera das CCAA participantes: polo momento TODAS menos Galicia, Cataluña e País Vasco que realizan convocatorias propias.
  4.  A solicitude presentárase na Comunidade Autónoma da primeira petición e realizárase unha por cada especialidade na que se participe. 
  5.  Neste concurso de méritos non hai máis requisito para participar que o de titulación que habilite para a docencia segundo o RD276/2007 e as súas modificacións posteriores e o de lingua propia, segundo a Comunidade Autónoma.
  6.  O baremo e os criterios a aplicar basáranse no recollido no RD270/2022 para estas prazas de estabilización por concurso de méritos. 

Desde ANPE Galicia seguiremos informándote.