Prazo de presentación de solicitudes: desde o luns día 5 de setembro ata o día mércores 7 de setembro de 2022, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
3º. Seguir os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
4º Anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.
Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.