Funcionari@s do corpo de Mestres - aberto o prazo para solicitar novas habilitacións


01 Set, 2022

WEB -  Adquisición de novas ESPECIALIDADES polo persoal FUNCIONARIO DE CARREIRA do Corpo de Mestres 

Durante o mes de setembro estará aberto o prazo para que o persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres que reúna os requisitos para a adquisición de novas especialidades establecidos no anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de mestres que desempeñen as súas funcións nas etapas de educación infantil e de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE núm. 270, do 9 de novembro) poida solicitar o recoñecemento de novas especialidades.

O prazo permanecerá aberto na convocatoria de setembro desde o 1 ata o 30 de setembro de 2022 de acordo coa disposición sétima da Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A) publicada no Diario Oficial de Galicia nº 131, do 3 de xullo.

 As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado:  Solicitude (anexo I).

 As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos https://www.edu.xunta.gal/datospersoais e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

 Para a presentación das solicitdes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co servizo de Primaria: Teléfonos: 981 545 495 - 981 544 487 ou ben a través do correo electrónico   persoal.primaria@edu.xunta.es

Relación de preguntas máis frecuentes sobre o procedemento