Segundo. Os destinos que obteñan as persoas opositoras que se relacionan no anexo desta orde terán carácter provisional, polo que estarán obrigadas a participar, no seu momento, nos concursos de traslados que se convoquen ata obter un destino definitivo dentro do ámbito de xestión directa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Terceiro. As persoas opositoras seleccionadas que se relacionan no anexo deberán presentar por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a documentación que se relaciona na base décimo novena da Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG núm. 20, do 31 de xaneiro), no prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. Entenderase que renuncian ao procedemento selectivo as persoas opositoras seleccionadas que non se incorporen ao destino provisional adxudicado.
Quinto. De conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.