Apertura de listas de especialidades de catedráticos de música


17 Ago, 2022

WEB - Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593) 

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 18 de agosto de 2022 ata o día mércores 7 de setembro de 2022, ambos incluídos. 

Como cubrir a solicitude de inscrición

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 18 de agosto de 2022.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema AQUÍ.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo AQUÍ.