• Noticia nova

STEMbach - resolución definitiva coa relación de centros autorizados


10 Ago, 2022

DOG - RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación en Innovación Educativa, pola que se resolve definitivamente a relación de centros docentes autorizados para a implantación do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2022/23.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.