CADP 2022 - Adiada a publicación da resolución provisional de Mestres


26 Xul, 2022

WEB - Adiada a publicación da adxudicación provisional do CADP de Mestres por problemas técnicos

ANPE informa de que tras a consulta a responsables da Consellería pola publicación do CADP prevista para hoxe, 26 de xullo, se nos confirma que por problemas nos servidores, a adxudicación provisional queda adiada á espera da resolución técnica. 

Esperan ter arranxado o problema e poder publicala mañá mércores, 27 de xullo, polo tanto, as reclamacións dende o día seguinte á publicación.