Permutas provisionais - prazo para o persoal NON OBRIGADO a participar no CADP


20 Xul, 2022

WEB - ED002A - Intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Prazo - do 15/07/2022 - 02/08/2022  para as persoas que non estean obrigadas a participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP).

Documentación para a presentación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do modelo oficial de solicitude segundo o anexo I que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiríraselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data da presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).