Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, anunciada pola Orde do 13 de maio de 2022, unha vez vistos os informes emitidos polos consellos sociais e polos claustros de profesorado dos centros integrados, tal e como establece o punto 2 do artigo quinto da citada orde.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación e Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas