2.1 Os centros educativos interesados en participar neste programa poderán facelo nunha destas dúas modalidades:
a) Modalidade A. Como centro de acollida para un/a docente xa identificado/a, procedente dalgún dos países incluídos nesta resolución, e que estea a participar nun programa de mobilidade profesional no seu país de orixe.
b) Modalidade B. Como centro que desexa acoller a un/a docente dalgún dos países incluídos nesta resolución, que lle sexa asignado a través deste procedemento, se fose posible.
En ningunha das dúas modalidades recibirase axuda ou compensación económica nin se asegura que a asignación poida finalmente levar a cabo.
O prazo de presentación de solicitudes e documentación acreditativa será de trinta días naturais contados desde o seguinte día hábil á publicación da presente Resolución