As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.
As actividades lectivas nas ensinanzas de réxime especial realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 30 de xuño de 2023, ambos inclusive.
Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2022/23 serán os seguintes:
– Nadal: desde o día 23 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.
– Entroido: os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2023.
– Semana Santa: desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.
Día do Ensino coa consideración de non lectivo e que no curso 2022/23 se celebrará o 31 de outubro de 2022.
A dirección do centro remitirá as programacións didácticas á Inspección educativa, antes do día 20 de setembro, que comprobará a súa adecuación ao establecido nas disposicións vixentes.
Deberá utilizarse para a elaboración e o seguimento das programacións das áreas, materias ou ámbitos do segundo ciclo de educación infantil, do primeiro, terceiro e quinto cursos de educación primaria, do primeiro e terceiro cursos da educación secundaria obrigatoria e do primeiro curso do bacharelato, a aplicación informática de programacións que poña á disposición a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Os centros docentes que impartan a etapa de educación infantil poderán optar por unha incorporación gradual do alumnado matriculado no cuarto curso da etapa, que non se prolongará máis alá do día 16 de setembro de 2022.