Resolución do 1 de xuño de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592). (código de procedemento ED003A).
Prazo de presentación de solicitudes: desde o xoves día 2 de xuño ata o mércores día 15 de xuño de 2022, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 2 de xuño de 2022.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
3º. Cubrir datos, anexar documentación requirida, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º. Lembrar anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
A solicitude de inscrición estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o anexo I asinado como o recibo de presentación deste.
Para cada especialidade na que se desexa inscribir deberá cubrir unha solicitude e aboar a taxa correpondente.