Funcionari@s do corpo de Mestres - aberto o prazo para solicitar novas habilitacións


01 Xun, 2022

WEB - Adquisición de novas especialidades polo persoal FUNCIONARIO DE CARREIRA do corpo de MESTRES

Está aberto o prazo para que o persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres que reúna os requisitos para a adquisición de novas especialidades establecidos no anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de mestres que desempeñen as súas funcións nas etapas de educación infantil e de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE 9 /11/2012) poida solicitar o recoñecemento de novas especialidades.

O prazo permanecerá aberto nesta convocatoria desde o 1 de xuño ata o 30 de xuño.(Orde do 10 de xaneiro de 2012 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres, DOG 20/06/12)

>> LIGAZÓN AO PROCEDEMENTO

Unha vez seleccionada instancia de especialidades xuño 2022 deberá realizar a petición da especialidade ou especialidades nas que desexe habilitarse. No caso de que a titulación xa figure correctamente cargada no seu expediente persoal non terá que volver a alegala. Cando remate ten que pechar a instancia e enviala a sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento ED011A)

Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co servizo:
Primaria:
881 995 887

981 545 495

Ou ben a través do correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es

Relación de preguntas máis frecuentes sobre o procedemento