MUFACE - convocatoria becas de estudo para mutualistas curso 21/22


31 Mai, 2022

BOEResolución do 23 de maio de 2022, da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civis do Estado, pola que se convocan becas de estudio para mutualistas, para o curso 2021/2022.

- Axudas económicas de pago único destinadas a sufragar total ou parcialmente o custo da matrícula e demais gastos de inscrición para estudos universitarios cursados por mutualistas.

- Cantidade que realmente abonou a persoa que o solicita polos gastos de matriculación, co límite máximo de 250,00 euros para as matriculacións no curso 2021/2022.

- Quen pode percibir a axuda?
Mutualistas titulares en alta ou situación asimilada ao alta o día 15 de outubro de 2021 que manteñan dita condición na data de presentación da solicitude e cursen en 2021/2022 estudos dos sinalados no Anexo I á Resolución de convocatoria.

Prazo de presentación ata o 31 de outubro de 2022 para os matriculados no curso 2021/2022.

A solicitude realizarase a través da Sede electrónica de Muface na dirección https://sede. muface. gob.es/, proceso de “Solicitude de Bolsas de Estudo” mediante certificado dixital recoñecido, DNI electrónico, identificación Cl@ve Permanente ou Cl@ve PIN.

Recomendase a identificación Cl@ve, que non precisa tarxeta nin software engadido, e pode solicitarse por Internet, sen desprazamentos. Hai que entrar na sede electrónica da Axencia Tributaria http://www.agenciatributaria.es/ no apartado Cl@ve, e solicitar o envío dun código ( CSV) por correo postal. Devandito código servirá para activar a clave, o que debe facerse entrando na sede electrónica da seguridade social (Cl@ve, xestión de contrasinais). Pode facerse tamén a través dunha aplicación de videoconferencia, informándose na dirección electrónica da AEAT.