Participantes:
a) Os centros integrados no programa en convocatorias anteriores:
1º. Centros que poderán recibir asignacións para fondos: todos os centros Plambe 1 a 17 (convocatorias 2005/06 a 2021/22).
2º. Centros que poderán recibir asignacións para mobiliario e outros equipamentos: centros Plambe 4, 5, 6, 7, 8 (convocatorias 2008/09 a 2012/13) e Plambe 17 (convocatoria 2021/22).
3º. Centros que poderán recibir asignacións para gastos de funcionamento específicos da biblioteca: centros Plambe 17 (convocatoria 17).
b) Novos centros: seleccionarase un mínimo de 25 novos centros para a súa integración no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2022/23 (número que poderá incrementarse no caso de producírense baixas ou renuncias de centros xa integrados anteriormente no Plambe). En igualdade de puntuación terán preferencia os centros situados en concellos que teñan menos poboación.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado de solicitude (ED516A-anexo I. Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios) dispoñible na aplicación informática «programasbibliotecas» (https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo para presentar a solicitude será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia