Convocatoria por libre designación das Direccións dos CIFP


25 Mai, 2022

DOGORDE do 13 de maio de 2022 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia.

Para participar nesta convocatoria deberanse reunir os seguintes requisitos:

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Estar en situación de servizo activo.

c) Ter unha antigüidade de, polo menos, tres anos como funcionaria ou funcionario de carreira na función pública docente.

A solicitude de participación nesta convocatoria dirixirase á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e presentarase no Rexistro Único da Xunta de Galicia, nos seus departamentos territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Os aspirantes deberán xuntar á solicitude un curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen (agás os que figuren en www.edu.xunta.es/datospersoais).