Apertura do prazo de non participación no CADP para persoal interino/substituto


15 Mai, 2022

WEB Apertura do prazo de solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais para o persoal interino e substituto (CADP)

PRAZO do 15 ao 31 de maio

LIGAZÓN ao procedemento 

De acordo co artigo 39.1 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos diferentes corpos, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo, o persoal interino e substituto que se atope nalgunha das situacións recollidas no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería, poderá formular solicitude de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP)

Lembramos que é VOLUNTARIO  e so podería facelo  aquel persoal  INTERINO/SUBSTITUTO QUE SE ENCONTRE NALGUNHA  DAS CAUSAS RECOLLIDAS no Acordo de interinos que lle permite renunciar a traballar.

A non participación no CADP implica non ser chamado tampouco para substitucións a longo do vindeiro curso 22/23.

>> Para calquera aclaración ou axuda para facelo, podes contactar con nós polas canles a túa disposición.