Convocatoria para novas Seccións Bilingües


02 Mai, 2022

DOGRESOLUCIÓN do 18 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2022/23.

Os centros que desexen impartir o programa de seccións bilingües deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón http://www.edu.xunta.es/programaseducativos

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de maio de 2022.