OPOSICIÓNS 2022 - Publicación dos/as vogais dos tribunais do proceso selectivo


27 Abr, 2022

WEBPublicación do resultado do sorteo dos/as vogais dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos do concurso-oposición para o ingreso e acceso a corpos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co establecido na base 7.5 da Orde do 28 de xaneiro de 2022 pola que se convocan estes procedementos selectivos (DOG n.º 20, do 31 de xaneiro), fíxose o sorteo dos/as vogais que formarán parte dos tribunais que xulgarán estes procedementos

Composición das vogalías que xulgarán o proceso selectivo (servizo primaria)

Composición das vogalías que xulgarán o proceso selectivo (servizo secundaria)

7.6.4. A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro.

Sen prexuízo do anterior, as presidencias dos tribunais concederán a suplencia, ademais de nos supostos previstos na Lei 40/2015, do 1 de outubro, a aquelas persoas que a soliciten e actuasen como membros dun tribunal de oposicións durante o ano 2017 ou seguintes, as que sexan directores ou directoras dun centro, as que teñan permiso sindical a tempo total ou aquelas persoas que estean a gozar dunha redución de xornada con anterioridade ao 1 de maio de 2022 e que continúen durante o período en que lle correspondería actuar como membro do tribunal, as que estean gozando do permiso de nacemento da nai biolóxica, ou por adopción, por garda con fins de adopción, ou acollemento, tanto temporal como permanente, do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla, e as que estean en situación de incapacidade temporal regulamentariamente concedida

Agás nos supostos previstos na lei e para o suposto das persoas que teñan permiso sindical a tempo total ou estean gozando do permiso de nacemento da nai biolóxica, ou por adopción, por garda con fins de adopción, ou acollemento, tanto temporal como permanente, do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla, non se concederá a suplencia cando non se poidan constituír os tribunais co número suficiente de persoal funcionario da especialidade correspondente.