Resumo da Mesa Sectorial - Prazas OEP segundo a lei 20/2021 e Concurso de atención preferente


27 Abr, 2022

WEB - RESUMO COMPLETO DA MESA SECTORIAL

24/04/22 - Convocatoria de Mesa Sectorial para o vindeiro martes, 26 de abril.  Podedes enviar as vosas ALEGACIÓNS, ROGOS OU PREGUNTAS por correo electrónico a galicia@anpe.es ata luns.

ORDE DO DÍA:

1. Resolución de convocatoria do concurso de méritos específico para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.

2. Anteproxecto de Decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas derivadas da Lei 20/2021, do 28 de decembro

>> Prazas presentadas pola Consellería para o proceso de estabilización docente 22/23

3. Rogos e preguntas

  • ANPE Galicia demanda o mantemento dos libros de texto nos centros educativos de cara ao vindeiro curso escolar, é dicir se exima da obrigatoriedade de cambialos dada a situación.
  • ANPE demanda coñecer cando se vai a resolver o CADP de Secundaria do vindeiro curso. A Administración resposta que a súa previsión é que estea resolto a primeiros de agosto.
  • ANPE demanda a revisión da figura da titoría no senso de que é necesaria unha valoración desta función a todos os niveis: retributivos, administrativos... pola carga de traballo que acarrea e non se está a valorar equitativamente.
  • ANPE demanda que o procedemento de actualización do expediente electrónico estea aberto todo o ano para todos os colectivos.
  • ANPE demanda a restitución das axudas por asistencia a actividades de formación que levan sen convocarse dende o 2019.