Comisións de servizo por CONCILIACIÓN FAMILIAR


14 Abr, 2022

WEB - Apertura do prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral para o curso académico 2022/23

O prazo de solicitude de comisión de servizos por conciliación da vida laboral e familiar é do 19 de abril de 2022 ao 2 de maio de 2022, ambos incluídos.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo https://www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na páxina de inicio da citada aplicación.

IMPORTANTE: O persoal docente que teña a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais e que solicite unha comisión de servizos por conciliación familiar e laboral ademais terá que efectuar unha solicitude pola modalidade ordinaria tamén.

Ligazón á normativaOrde de 15 de abril de 2019 (DOG do 30 de abril de 2019)

Tipo I) Ter un fillo ou filla menor de catro anos, ou ter e convivir cun fillo ou filla menor de oito anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal.

Tipo II) Ter dous fillos ou fillas menores de seis anos ou un fillo ou filla menor de seis anos cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %, ou ter e convivir con dous fillos ou fillas menores de dez anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal.

Tipo III) Ter tres fillos ou fillas menores de doce anos ou dous fillos ou fillas menores de doce anos se un deles ten un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %, ou ter e convivir con tres fillos ou fillas menores de dezaseis anos cando se trate dun núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal. A idade dos fillos ou fillas computarase o 31 de decembro do ano inmediatamente ante‑ rior a aquel en que se efectúa a solicitude.

LIGAZÓNS DE UTILIDADE:

 >> CATÁLOGO de UNIDADES, POSTOS E XORNADA dos CEIP, CEP e CEE

A CORUÑA

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

 >> BUSCADOR DE CENTROS

 >> Aplicación CENTROSEDUCATIVOS (calcular distancias en móvil o tablet)