OPOSICIONS 2022 -Listaxes provisorias de persoal admitido/excluído de Mestres, PES, EOI...


30 Mar, 2022

WEB - Listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG n.º 20, do 31 de xaneiro), corrección de erros, DOG n.º 59, do 25 de marzo) (código de procedemento ED001A).

O prazo de reclamacións contra estas listas é de cinco (5) días hábiles dende o xoves día 31 de marzo ata o mércores 6 de abril (ambos días incluídos)

As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de acordo co establecido na base sexta da Orde do 28 de xaneiro de 2022.

Para realizar reclamacións á lista provisional de persoas admitidas e excluídas deberá proceder do seguinte xeito:

1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/portada

2- Autenticarse co seu usuario e contrasinal

3.-Localizar o expediente correspondente á solicitude de participación procedemento selectivo (código de procedemento ED001A/2022) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegación

4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar

A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegación asinado como o recibo de presentación desta.

No caso das persoas que non figuren na listas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para alegacións deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.