O prazo de reclamacións contra estas listas é de cinco (5) días hábiles dende o xoves día 31 de marzo ata o mércores 6 de abril (ambos días incluídos)
As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de acordo co establecido na base sexta da Orde do 28 de xaneiro de 2022.
Para realizar reclamacións á lista provisional de persoas admitidas e excluídas deberá proceder do seguinte xeito:
1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/portada
2- Autenticarse co seu usuario e contrasinal
3.-Localizar o expediente correspondente á solicitude de participación procedemento selectivo (código de procedemento ED001A/2022) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegación”
4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”
A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegación asinado como o recibo de presentación desta.
No caso das persoas que non figuren na listas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para alegacións deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.
Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG)
Corrección de erros. Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG)
Resolución pola que se fai pública a lista provisional de admitidos e excluídos
Anexo I aspirantes admitidos provisional Primaria
Anexo I aspirantes admitidos provisional Secundaria e outros
Anexo II aspirantes excluídos provisional Primaria
Anexo II aspirantes excluídos provisional Secundaria e outros