Últimas prazas para o curso en liña - Creación de contidos para a aula dixital


20 Abr, 2022

WEB - ANPE oferta un curso en liña de 30 h homologadas pola consellería - Creación de contidos para a aula dixital.

Curso a distancia de 30 horas organizado por ANPE Galicia que se desenvolverá na Plataforma de Formación en rede de ANPE.
Nesta actividade os/as asistentes terán a oportunidade de coñecer, experimentar e reflexionar sobre un conxunto de aplicacións dixitais que aportan unha utilidade práctica e real no desenvolvemento do noso traballo individual, así como na participación activa do alumnado no contexto da aula dixital do futuro.

Esta actividade de formación está homologada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Xunta de Galicia).

Datas de celebración: 25 de abril ao 20 de maio.
Maís información e inscrición (ata esgotar as prazas): LIGAZÓN