Logo de estimados os recursos de alzada que formularon María del Carmen Entenza Vidal e Luciana Sobrado Menoni en relación co procedemento selectivo convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020, a Consellería de Cultura Educación e Universidade modifica a Orde do 4 de agosto de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto) pola que se fai pública a relación do persoal aspirante que superou o procedemento de acceso aos diferentes cortos.
O disposto no punto anterior supón unha modificación do número de orde da lista de persoas aprobadas nesta especialidade que figuraba na Orde do 4 de agosto de 2021 (DOG do 23 de agosto).
Terceiro. As opositoras relacionadas no punto primeiro da presente orde son nomeadas funcionarias en prácticas con efectividade administrativa do 1 de setembro de 2021 e económica do día da toma de posesión nos seus destinos.