OPOSICIÓNS 2020 - modificación da orde da lista de aprobados de Inglés


25 Feb, 2022

DOG - ORDE do 16 de febreiro de 2022 pola que se modifica a Orde do 4 de agosto de 2021, pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso aos diferentes corpos, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 25 de xaneiro).

Logo de estimados os recursos de alzada que formularon María del Carmen Entenza Vidal e Luciana Sobrado Menoni en relación co procedemento selectivo convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020, a Consellería de Cultura Educación e Universidade modifica a Orde do 4 de agosto de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto) pola que se fai pública a relación do persoal aspirante que superou o procedemento de acceso aos diferentes cortos.

O disposto no punto anterior supón unha modificación do número de orde da lista de persoas aprobadas nesta especialidade que figuraba na Orde do 4 de agosto de 2021 (DOG do 23 de agosto).

Terceiro. As opositoras relacionadas no punto primeiro da presente orde son nomeadas funcionarias en prácticas con efectividade administrativa do 1 de setembro de 2021 e económica do día da toma de posesión nos seus destinos.