OPOSICIÓNS CATEDRÁTICOS Relación de persoal que superou o procedemento


22 Feb, 2022

DOGORDE do 9 de febreiro de 2022 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas convocado pola Orde do 4 de xuño de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 22 de xuño).

De conformidade co establecido no artigo 39.3 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, e na base novena da Orde do 4 de xuño de 2020, as persoas que accedan ao corpo de catedráticos estarán exentas da realización da fase de prácticas e permanecerán, no caso de superaren o procedemento pola mesma especialidade en que están exercendo, como catedráticos/as no mesmo destino que ocupasen no corpo de procedencia.
No caso de accederen por unha especialidade diferente da que ocupasen no momento da efectividade da presente orde, quedarán na situación de excedencia por prestación de servizos no sector público no corpo de catedráticos nesa especialidade.

As persoas que acceden ao corpo de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas ou de artes plásticas e deseño en virtude desta orde serán nomeadas con efectividade do 1 de xaneiro de 2022.
Sétimo. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.