Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 17 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED540A) que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.