Novo decreto polo que se regula a ADMISIÓN de ALUMNADO


11 Feb, 2022

DOGDECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A necesidade de incorporar á normativa autonómica sobre admisión os cambios introducidos na lexislación estatal, e a conveniencia de efectuar unha reestruturación e actualización dos contidos, delimitando aspectos xerais do procedemento de escolarización do alumnado, xustifican a elaboración do presente decreto, que derroga o anterior Decreto 254/2012, do 13 de decembro

Mantén a súa vixencia, no que non resulte incompatible co presente decreto, a Orde do 12 de marzo de 2013, reguladora do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato (DOG núm. 53, do 15 de marzo), mentres non entre en vigor a orde de desenvolvemento do presente decreto que a substitúa.

O capítulo I, coa rúbrica «Disposicións xerais», refírese a aspectos básicos da admisión.

O capítulo II, coa rúbrica «Criterios de admisión e a súa puntuación.

O capítulo III, relativo ao «Procedemento de escolarización.

O capítulo IV do Decreto, sobre «Reclamacións e recursos.