Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas en especialidades MESTRES


10 Feb, 2022

WEBListaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021/2022 do corpo de mestres, especialidades: 032-Inglés, 033-Francés, 034-Ed. Física, 035-Música y 037-Audición e Linguaxe

Resolución do 10 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba a listaxe definitiva para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación definitiva de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021-2022 correspondentes ao corpo de mestres (597), especialidades: 032- Lingua estranxeira: Inglés, 033- Lingua estranxeira: Francés, 034- Educación Física, 035- Música y 037- Audición e Linguaxe.

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 con dereito á incorporación na lista poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente ou mediante o impreso xenérico dispoñible no procedemento PR004A. Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

As listaxes definitivas de admitidos poden consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/

Listaxe definitiva de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións (597), (esp:032,033,034,035,037)