WEB - Ante a nova xurdida hoxe en relación a unha sentenza xudicial que outorga permiso a un funcionario de xustiza para o coidado de fill@s por COVID lembramos que, xa no 2018, ANPE ganou unha sentenza pioneira no ámbito docente para o coidado de fill@s enfermos non hospitalizad@s.
En Galicia, pese a que a normativa recolle o permiso por deber inexcusable de carácter persoal, a Consellería está a negar o mesmo neste tipo de situacións. Esta nova sentenza, que se une ás anteriores e á pioneira de ANPE do 2018, danos novos pulos para continuar demandado á Consellería que considere o coidado domiciliario de fill@s como deber inescusable, tal e como indica o artigo 2 da Constitución Española.
Se é necesario daremos apoio xurídico aos afiliad@s que o precisen ata obter unha sentenza análoga na nosa Comunidade.
>>> Solicitude Anterior de ANPE (2020) - ANPE solicita por rexistro a ausencia do profesorado por confinamento dos fill@s dentro do deber inescusable