5.1. Os centros de ensino público de Galicia que desexen acollerse aos beneficios desta convocatoria deberán formalizar a súa solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I desta orde.
5.2. As solicitudes, debidamente asinadas polo director ou directora do centro como representante legal deste, dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da provincia que corresponda.
5.3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
5.4. O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.