Apertura de listas de en varias especialidades de CONSTRUCIÓNS CIVIS, PROCESOS ARTES GRÁFICAS...


03 Nov, 2021

WEB - Resolución do 2 de novembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de construcións civís e edificacións (590104), de procesos e produtos en artes gráficas (590122), sistemas electrónicos (590124) e sistemas electrotécnicos e automáticos (590125) do corpo de profesores de ensino secundario (590). (código de procedemento ED003A)

Prazo de presentación de solicitudes desde o xoves día 4 de novembro ata o mércores día 17 de novembro de 2021, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. A cceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible desde o xoves día 4 de novembro de 2021.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

3º. Seguir os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación requirida, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º. Deberase anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.

Resolución do 2 de novembro de 2021

Listas de substitucións

Resolución do 13 de outubro de 2020 (DOG)