Resolución provisional de proxectos admitidos
Esta publicación abre un prazo de cinco días hábiles para realizar reclamacións ou renuncias dirixidas á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional. Deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A), xunto coa documentación complementaria.