Listaxe provisional de persoas excluídas para interinidades e substitucións en Secundaria


06 Out, 2021

WEB - Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021/2022 do corpo de PES, profesores técnicos de formación profesional e profesores de escolas oficiais de idiomas.

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións ás listaxes provisionais ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de 5 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A, opción “Alegacións” da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente, ou mediante o impreso xenérico dispoñible no procedemento PR004A.

Non se admitirán as alegacións formuladas mediante correo electrónico.

As listaxes de admitidos poden consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/