Xornadas do Ensino. A aula dixital para a educación do futuro


05 Out, 2021

WEB - Xornadas do ensino. A aula dixital para a educación do futuro (8 horas homologadas pola Consellería de Educación)

Actividade de formación do profesorado que se desenvolverá totalmente en liña durante os días 22 e 23 de outubro.

Co novo contexto educativo orixinado pola situación de pandemia na que estamos a vivir, a dixitalización educativa pasou a presentarse como unha prioridade dentro da evolución do ensino. Da aula tradicional estamos a movernos cara a aula dixital na que novas metodoloxías, procedementos e materiais fanse presentes para o uso diario por parte de docentes e alumnado. Nestas xornadas de carácter exclusivamente virtual, teremos a oportunidade de coñecer e revisar algúns dos elementos que formarán parte do noso futuro educativo. Contaremos coa participación de Microsoft, Fundación Telefónica, Editorial Santillana, Ideaspropias Editorial e profesorado que está a impartir docencia na nosa comunidade autónoma.

 Prazas limitadas!!!

>>> PODES INSCRIBIRTE en  https://cursosanpegalicia.es/curso/xornadas-de-ensino-a-aula-dixital-para-a-educacion-do-futuro/