OPOSICIÓNS 2020 - Nomeamento do persoal dos corpos de SECUNDARIA como Funcionario en Prácticas


24 Set, 2021

DOGORDE do 21 de setembro de 2021 pola que se nomean persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de acceso aos corpos de  secundaria, EOI, e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos diferentes corpos, e profesores técnicos de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 25 de xaneiro), e pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

Primeiro. Nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de profesores técnicos de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes aos ditos corpos que se relacionan no anexo da Orde do 4 de agosto de 2021 (DOG do 23 de agosto).

Segundo. Nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario a Andrea Castelo Veiga, co DNI ***490**, especialidade de lingua galega e literatura; Andrea Fidalgo Giráldez, co DNI ***9040**, especialidade de lingua castelá e literatura, e a Vanesa Vázquez Novo, co DNI ***8636**, especialidade de inglés, que superaron o procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, entre outros, convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo), segundo a Orde do 31 de xullo de 2019 (DOG do 23 de agosto), e que tiveron aprazamento da fase de prácticas.

Terceiro. Publicar os aprazamentos da fase de prácticas concedidos para o curso 2021/22...

Cuarto. Publicar os aprazamentos da fase de prácticas concedidos desde o 15 de setembro de 2021 ata o 31 de xaneiro de 2022...

Quinto. O nomeamento como persoal funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 15 de setembro de 2021 ou do 16 de setembro de 2021 para quen teña un nomeamento en vigor correspondente ao curso 2020/21 ata o 15 de setembro de 2021, ou desde a data da súa toma de posesión, de ser esta posterior.

Sexto. O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións do persoal funcionario en prácticas.

Sétimo. O persoal funcionario en prácticas que xa estea a prestar servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente, lle corresponda, deberá formular opción para a percepción das remuneracións mentres persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo).