Campaña de Vixilancia da Saúde do Persoal de Centros Docentes curso 21/22


21 Set, 2021

WEB - Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 3 de setembro do 2021, autorízase a difusión da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

É aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme as instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo.

A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no seguinte enlace: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal

Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

Prazo de inscrición xeral: vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da difusión desta campaña na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

(do 22 de setembro ao 11 de outubro)

Prazos de inscrición do persoal docente e non docente (funcionario e laboral) que sexa interino/substituto: os establecidos no documento “Precisión dos prazos de inscrición”.

Resolución do 3 de setembro do 2021

Instrucións inscricións recoñecementos médicos 2021/2022

Precisións dos prazos de inscrición

Preguntas frecuentes