GUÍA para FUNCIONARIOS EN PRÁCTICAS


06 Set, 2021

WEB - PARABÉNS  a todo o persoal FUNCIONARIO EN PRÁCTICAS!!!

Información de utilidade nestes comenzos de curso

  1. Toma de posesión do destino provisional obtido no CADP no centro adxudicado:
    Enviar a documentación que figura nas instruccións publicadas á Xefatura Territorial da provincia na que obtiveras o teu destino mediante sede electrónica ou a través do centro educativo.
    >> Os mestres a data de 1 de setembro de 2021. ( LIGAZÓN á documentación)
    >> Resto de corpos a 15 de setembro de 2021. ( Á espera da publicación da resolución definitiva o día 9 de setembro)

  2. Alta en MUFACE (Mutualidade de Funcionarios da Administración Xeral do Estado )

    Hai que esperar a recibir o nomeamento de funcionari@ en prácticas  e MUFACE enviarache un correo con información sobre o procedemento. Podes ler toda a información para novos mutualistas na seguinte LIGAZÓN 
     
  3. A ter en conta:
    >> Cada funcionari@ en prácticas terá que ter asignado (en outubro normalmente) un titor/a de prácticas, preferiblemente da súa especialidade, e ao finalizar os catro meses de prácticas obrigatorias, a Xefatura Territorial desa provincia, indicará o prazo no que haberá que entregar obrigatoriamente unha "memoria"  das prácticas realizadas.
    >> Tod@s terán que realizar un curso de galego para funcionarios en prácticas e outro de Igualdade, o CEFORE correspondente poñerase en contacto con cada persoa para indicar as datas de realización.

  4. BOLETÍN RESUMO para persoal Funcionario en prácticas

****** ​ANTE CALQUERA DÚBIDA OU ACLARACIÓN, PODES CONTACTAR CON NÓS NAS DIFERENTES SEDES PROVINCIAIS. (LIGAZÓN)