Baremo Provisional do Acceso a corpo de CATEDRÁTICOS dos corpos de Secundaria


01 Set, 2021

WEB - Publicación das puntuacións provisorias do baremo, agás as subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4, do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas

De acordo co establecido na base sétima da Orde do 4 de xuño de 2020 pola que se convoca procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas dependente desta consellería. (DOG n.º 122, do 22 de xuño), publícanse as puntuacións provisorias do baremo, agás as subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4.

O persoal concursante poderá presentar reclamación ás puntuacións provisionais no prazo de cinco (5) días hábiles (do 2 ao 8 de setembro) contados desde o día seguinte ao desta publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

As reclamacións  presentaranse por calquera dos medios a que alude a base 3.8. da orde de convocatoria.

Resolución baremación provisional

Contra a puntuación provisoria, de conformidade co primeiro parágrafo da base 7.4 da Orde do 4 de xuño de 2020, o persoal concursante poderá formular as reclamacións oportunas dirixidas ao Servizo de Profesorado de Educación Secundaria, Formación Profesional e Réxime Especial dependente da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Baremo provisional