WEB - Publicación das puntuacións provisorias do baremo, agás as subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4, do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas
De acordo co establecido na base sétima da Orde do 4 de xuño de 2020 pola que se convoca procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas dependente desta consellería. (DOG n.º 122, do 22 de xuño), publícanse as puntuacións provisorias do baremo, agás as subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4.
O persoal concursante poderá presentar reclamación ás puntuacións provisionais dende o día luns 8 ata o venres día 12 de novembro de 2021, ambos incluídos.
As reclamacións presentaranse por calquera dos medios a que alude a base 3.8. da orde de convocatoria ante o propio Tribunal cualificador correspondente (especificando o corpo e a área) dirixidas á Inspección Educativa de Santiago de Compostela, rúa San Lázaro, 107, C.P. 15781 Santiago de Compostela (sede dos tribunais cualificadores do procedemento de acceso).
Anexo Baremo provisional 3.2.1 e 3.2.4
Resolución do baremo provisional 3.2.1 e 3.2.4