Logo da convocatoria da presidencia constituiranse os tribunais no prazo máximo de cinco días hábiles desde a súa publicación no DOG, e será precisa a asistencia do presidente ou presidenta titular ou, se é o caso, do ou da suplente, e de, polo menos, a metade máis un dos vogais, titulares ou suplentes.
Os membros dos tribunais absteranse de intervir se se desen as circunstancias sinaladas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Do mesmo xeito, de acordo co artigo 8.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, e co artigo 59.2 da Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas de preparación de persoas aspirantes aos procedementos selectivos para calquera corpo e especialidade, nos cinco anos anteriores a esta publicación.
Así mesmo, o persoal aspirante poderá recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.
Os tribunais terán dereito ás indemnizacións, por razón do servizo, previstas na normativa vixente.