Resolución pola que se resolve o concurso de méritos para direccións e asesorías de CEFORE e CAFI


25 Ago, 2021

WEBOrde pola que se resolve o concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e de asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos

Proposta definitiva de adxudicación

Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no portal de Internet http://www.edu.xunta.gal, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso Administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.