Os cursos impartiranse entre outubro de 2021 e maio de 2022, en horario de mañá ou de tarde.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cu- brir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2021, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro), e desde o 4 ata o 14 de xaneiro de 2022, para os cursos do segundo cuadrimestre.