WEB - Publicación da Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes de secundaria para o curso académico 2021/22
Resolución provisional (secundaria)
Adxudicación provisional alfabética (secundaria)
Adxudicación provisional por orde de adxudicación (secundaria)
O prazo para formular reclamacións ou renuncias é o comprendido entre o día 2 de agosto ata o 2 de setembro de 2021, ambos incluídos.
As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código do procedemento ED 002B/2021).
As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse a través de http://edu.xunta.es/cadp e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.
** Cando se renuncie a todas as listas será necesario, ADEMAIS, remitir a documentación xustificativa escaneada ao seguinte enderezo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.gal."
A data previsible da adxudicación definitiva dos destinos provisionais e a súa publicación no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade é o 9 de setembro de 2021.